Inauguramos un novo supermercado Froiz na cidade de León. A local conta con 716 metros cadrados de superficie comercial e sitúase entre dúas rúas: rúa Hayedo e Avda. Universidade. Dispón de todas as seccións de frescos de venda asistida tradicional: carnicería, charcutería, peixaría e frutería, ademais das seccións dedicadas a alimentación xeral, adega, droguería, refrixerados e conxelados. Tamén dispón dun pequeno espazo de descanso con microondas para que os clientes poidan quentar e consumir no propio local produtos de panadería.
Ofrece a calidade de sempre de Froiz en produtos frescos, marcas líderes e a propia marca Froiz. A sección de carnicería conta coa carne de vacún 100% Tenreira Galega e os elaborados caseiros que realizan diariamente os profesionais Froiz con produtos de calidade e pan relado sen glute.
Ademais, o cliente leonés poderá comprar diariamente o peixe e marisco máis fresco, procedente das principais lonxas galegas, e, por suposto, froitas e verduras de tempada e procedentes de provedores de proximidade. A sección de charcutería conta cunha variedade ampla en embutidos, queixos e os seus derivados, elaborados en España, destacando a venda de produtos con denominación de orixe protexida local e outras denominacións internacionais. E, por suposto, produtos veganos, sen glute e sen lactosa.
Dispón de publicidade dinámica a través de pantallas Led, servizo a domicilio e compra en liña. O seu horario é continuo de luns a sábado.
Horario continuo
Servizoa domicilio
Ampla variedade en marcas líderes, frescos y marca Froiz
#Froiz, calidade, servizo e atención.




