A empresa Froiz ofrece en todos os seus establecementos de España e Portugal os elaborados caseiros de carnicería con pan relado sen glute. Esta innovación foi posible grazas ao traballo conxunto dos departamentos de carnicería e calidade da empresa co obxectivo de garantir a seguridade alimentaria destes produtos elaborados, evitando a contaminación cruzada de alérgenos e facilitando a vida das persoas con enfermidade celíaca.
Os profesionais Froiz desta sección preparan diariamente estes elaborados con produtos de primeira calidade e, exclusivamente, con pan relado sen glute. A oferta está composta por nuggets de pito, filetes ruso, san jacobos e cachopos que se atopan expostos á venda en mostrador cunha sinalización específica que informan especificamente que non conteñen glute.
Ademais, na app “FACEMOVIL” da Federación de Asociacións de Celíacos de España aparecen todos os produtos Froiz que non conteñen glute e que son aptos para levar unha dieta celíaca. Esta guía, que elabora anualmente a entidade FACE identifica de maneira segura, fácil e correcta cales son os alimentos aptos para levar unha correcta dieta sen glute, co obxectivo de facilitar a alimentación das persoas que teñen esta enfermidade.