Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia visita Froiz e pon en valor o peixe galego

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, da Xunta de Galicia visitou a peixaría do supermercado #Froiz da localidade lucense de Monterroso. Desde alí sinalou a importancia da cadea mar-industria, comezando pola actividade extractiva ata chegar ao consumidor final a través da distribución. O titular de Mar destacou que “grazas a estes puntos de venda despregados por todo o territorio, xunto aos negocios de proximidade, o mellor produto dos mares galegos pode chegar ás mesas de todas as casas e ás cartas dos locais de hostalería”.

En todos os establecementos Froiz ofrecemos diariamente o peixe e marisco máis fresco procedente das principais lonxas galegas. Ademais garantimos a sustentabilidade do medio e as boas prácticas en pesca extractiva e acuicultura:

● A rastrexabilidade do produto desde a captura ata a súa venda.

● Unha etiquetaxe completa cumprindo coa lexislación vixente, achegando información clara e veraz.

● Garantimos o cumprimento legal en relación a tallas mínimas, paros biolóxicos e vedas.

● Apoiamos a pesca de proximidade coa compra de peixe e marisco a confrarías de pescadores locais.

● Apoiamos a mellora continua en canto a métodos e artes de pesca.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas