Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz repite colaboración con Down Galicia na campaña de Nadal

Un ano máis a empresa colaborou durante a campaña de Nadal 2023 coa Asociación Down Galicia, en concreto coa de Pontevedra «Xuntos». Contratáronse varias persoas da bolsa de emprego que ten activa a asociación, para realizar labores de apoio á elaboración das distintas cestas e lotes de Nadal, produtos que posteriormente son vendidos nos distintos establecementos Froiz e tamén na tenda en liña.

Estas persoas reciben cada ano formación específica por parte dun preparador laboral da asociación quen lles ensina as técnicas que son necesarias para desempeñar o seu posto de traballo. Unha vez que teñen a formación adecuada desenvolven a súa actividade diaria no almacén de Froiz Nadal con total responsabilidade. A empresa Froiz repite cada ano esta experiencia laboral con Down Galicia consciente da importancia da inclusión social.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas