Outra forma de consumir verduras. Un prato rico, moi fácil de preparar e apto como entrante ou prato principal.
Ingredientes
800g de coliflor
500g de brocoli
Aceite de oliva
Margarina
350ml de leite semi
3 quesitos lixeiro
queixo relado
Sal
Elaboración
Cortamos a coliflor e o brocoli en anacos e deixamos cocer durante 20 minutos cun pouco de sal. Unha vez cocidos, retiramos do lume e reservamos.
Imos preparar unha salsa fina sen fariña. unha pota botamos aceite de oliva e manteiga.Revolvemos ata que se mesturen ben. A continuación, engadimos o leite, un pouquiño de sal, e deixamos cocer outros 20 minutos a lume lento. Engadimos os quesiños.
Unha vez que está todo fundido, apartamos do lume, e batémolo con batedora de baleas ata conseguir unha crema fina.
Colocamos a colilflor e o brocoli nunha fonte de forno. Vertemos encima a salsa fina, cubrimos con queixo relado e témolo no forno prequentado a 200ºC. Deixámolo facer durante uns 10 minutos e a continuación, cambiamos á posición de gratinar e deixámolo facer outros 10 minutos.