Cortamos en anacos, estilo cadrado, as patacas e a cenoria.
En dúas cazolas poñemos auga a ferver. Nunha, poñeremos os ovos e na outra as patacas, coa cenoria, os chícharos e as xudías xunto cun bo chorro de aceite de oliva e sal.
Aos 15 minutos, os ovos estarán listos, e aos 25 as verduras. Retiramos todo do lume e escorremos.
Nun bol poñemos todos os ingredientes, picamos os ovos xunto co atún, e mesturamos todo ben. Engadimos maionesa ao gusto.