Lavamos e pelamos a cabaza e cortámola en anacos pequenas. A continuación, nunha tixola facemos o sofritido coa cebola, o allo porro e un bo chorro de aceite de oliva.
Engadimos a cabaza e o sal e levamos todo a ebulición. Deixamos cocer uns 20 minutos aproximadamente.
A continuación, engadimos as patacas e deixamos cocer outros 15 minutos.
Unha vez que estea todo cocido, pasámolo pola batedora. Engadimos a nata líquida e mesturamos todo ben.
A modo decorativo, faremos unha tea de araña coa nata líquida e un pouco de perexil.