Primeiro imos cocer os ovos. Poñémolos nunha cazola e fervemos durante 10 minutos. Retirámolos do lume e deixamos arrefriar. Quitámoslle a casca, cortamos pola metade e separamos as xemas. Reservamos as claras.
Nun bol, mesturamos as xemas co atún ao natural, o tomate frito e a maionesa. Removemos todo ata obter unha mestura compacta.
Enchemos cada unha das metades dos ovos, e decoramos cunhas olivas negras que cortaremos en metades e toros ata formar arañas, tal e como se ve na fotografía. Espolvoreamos un pouquiño de pemento doce en cada ovo.