Pequenos monstros aterradores para un delicioso Samaín.
Ingredientes
4 pementos
300 g de carne picada
1 cebola picada
1 dente de allo picado
Aceite de oliva
2 culleradas de pulpa de tomate
Sal
Pementa
Queixo mozzarella ao gusto
Elaboración
Lavar os pementos e cortar a parte superior. Retirar as sementes e a pel branca. Reservar a parte superior dos pementos.
Poñer un pouco de aceite de oliva nunha tixola e engadir a cebola e o allo. Déixase refogar un intre e engádese a carne picada.
Salpimentar ao gusto e engadir a pulpa de tomate. Remover e deixar cocer. Cando estea listo, envolva a carne co queixo mozzarella.
Preparar os pementos. Cun pequeno coitelo facer os ollos e unha boca de medo. A continuación, engádese a carne preparada e finalmente os
pequenos monstros están listos para servir.