O equipo ciclista Super Froiz atópase en plena tempada deportiva e acaba de disputar a Volta Ciclista á Comunidad de Madrid Sub-23 cun balance moi positivo. Nela, o corredor neerlandés Mika Vijfvinkels conseguiu a vitoria na dúas primeiras etapas, sendo dous días líder, un sexto posto na 3ª etapa e finalmente a vitoria na clasificación final de regularidade.
Ademais, o equipo pontevedrés colgouse unha dobre medalla no Campionato Galego de Fondo na estrada celebrado no Porriño e ocupou o segundo chanzo do podio por equipos.
E na Copa de España celebrada en Vigo, o equipo Súpers Froiz logrou a vitoria na clasificación por equipos, grazas ao aos resultados de dous corredores: Mika Vijfvinkel e Joel Díaz, que conseguiron o segundo e cuarto posto.


