Praia, sol, colchóns… e moita diversión!
Un ano máis, patrocinamos o “Mundial de Colchóns” da localidade máis turística de Galicia: Sanxenxo, unha xornada chea de creatividade, cor e bo ambiente!
Bañistas, turistas e veciños de todas as idades sacaron a relucir o seu enxeño cos disfraces de praia e os colchóns máis orixinais. Imposible elixir unha favorita!







