Acaba de reabrir o supermercado Froiz de Simancas (Valladolid) despois de que se realizasen obras de reforma e modernización das instalacións. O centro é agora máis cómodo e moderno para traballadores e clientes; ofrecendo a calidade de sempre de Froiz, a bos prezos.
A oferta comercial combina produtos frescos, como a sección de carnicería asistida que ofrece os elaborados caseiros Froiz: hamburguesas, albóndegas, e espetadas que preparan diariamente os nosos profesionais e a carne de vacún 100% Tenreira Galega.
A oferta complétase con panadería e froitería, marcas líderes, produto Froiz, e amplas zonas dedicadas a refrixerados e conxelados.
Ofrece aparcadoiro gratis exterior, servizo a domicilio e horario continuo.
Horario continuo
Aparcadoiro exterior
Servizo a domicilio
Ampla variedade en marcas líderes
Calidade, servizo e atención.














