Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Poke hawaiano de salmón

O poke é un dos pratos de moda. Orixinario de Hawai, prepárase sempre con peixe fresco e distintas hortalizas.

Poke hawaiano de salmón

O poke é un dos pratos de moda. Orixinario de Hawai, prepárase sempre con peixe fresco e distintas hortalizas.

Ingredientes

  • 400g de salmón fresco
  • 300g de arroz extra
  • 1 aguacate
  • 1 cenoria
  • 1 cogombro
  • 1 mango
  • 3 rabanos
  • 1 ceboliña
  • Salsa de soia
  • Sementes de sésamo
  • Jenjibre fresco relado

Elaboración

  1. Cortamos o salmón fresco en dados e poñémolo nun bol. Engadimos a salsa de soia, o xenxibre fresco relado e a ceboliña. Mesturamos todo e deixamos marinar.
  2. Facemos o arroz en branco. Cando estea cocido, reservamos.
  3. Cortamos o cogombro en toros, o aguacate en liscos, o mango en cubos e a cenoria en tiras.
  4. Servimos o arroz nos catro boles. Colocamos encima o peixe, o mango, os rabanitos, o cogombro, a cenoria e o aguacate.
  5. Servimos con sementes de sésamo tostado por encima.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas