Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Lasaña de espinacas

Á receita clásica da lasaña de carne, incorporamos a súa versión máis saudable con espinacas e salsa de tomate.

Lasaña de espinacas

Á receita clásica da lasaña de carne, incorporamos a súa versión máis saudable con espinacas e salsa de tomate.

Ingredientes

  • 18 placas de lasaña de ovo precocidas
  • 300g de espinacas frescas
  • 1 cebola
  • 250ml de salsa de tomate natural
  • queixo para relar
  • aceite de oliva
  • Sal
  • Bechamel (ver esta receita)

Elaboración

  1. Preparamos a bechamel , para iso ver esta receita.
  2. Poñemos en remollo durante 10 minutos para hidratar as placas de lasaña de ovo precocidas. Unha vez hidratadas, retirámolas e estendemos nun superficie seca.
  3. Nunha tixola engadimos un chorro de aceite de oliva e a continuación poñemos a dourar a cebola cortada en anacos pequenos e as espinacas frescas (se fosen conxeladas, deberiámolas desconxelar previamente e escorrelas ben). Deixamos cociñar uns 5 minutos. Engadimos sal.
  4. Prequentamos o forno a 200ºC.
  5. Nunha bandexa de forno colocamos primeiro as 6 láminas de lasaña, e a continuación a salsa de tomate, estendemos, e encima a mestura das espinacas. A continuación, outras placas de lasaña, salsa de tomate e espinacas. Pechamos por encima coas últimas 6 placas e a salsa bechamel que o cubra todo. Relamos un pouco de queixo e ao forno.
  6. Enfornamos durante 15 minutos a 180ºC. Cando o queixo estea gratinado, retiramos.
  7. Deixamos arrefriar un pouco e servimos.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas