Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Inauguración dun supermercado Froiz en Porto, Portugal

A localidade portuguesa de Río-Tinto (Porto) acolle a apertura dun novo supermercado Froiz que ofrece ao cliente a calidade de sempre, aos mellores prezos e unha ampla variedade en frescos, produtos de tempada, marcas líderes e produto Froiz. Trátase dunha nave cunha superficie comercial de 790 metros cadrados e aparcadoiro gratuíto para clientes con capacidade de 65 prazas de aparcamento e punto de recarga de coches eléctricos.

Conta con todas as seccións de frescos con venda asistida e como é habitual en todas as tendas Froiz de Portugal tamén co espazo «Faster Coffee», onde o cliente pode consumir no momento café e produtos de panadería. Na sección de peixaría o cliente poderá atopar unha ampla variedade de peixe e marisco fresco. A carne de vacún é certificada 100% Tenreira Galega. Ademais os profesionais Froiz realizan diariamente elaborados caseiros como albóndegas, espetadas, hamburguesas e fajitas con ingredientes de primeira calidade. Hai tamén produtos bio, eco, veganos e froitos secos a granel.
As tradicionais seccións de frescos: carnicería, charcutería, peixaría e frutería de venda tradicional son asistidas e conviven cos espazos dedicados a panadería, adega, droguería e alimentación xeral. Tamén hai amplas zonas destinadas a produtos refrixerados e conxelados.

En canto á incorporación de tecnoloxías no punto de venda, o supermercado dispón de pantallas Led e balanzas dixitais. As súas instalacións son modernas e eco-eficientes. Todos os materiais empregados no acondicionamento, a iluminación e a climatización conseguen un consumo enerxético inferior a unha tenda convencional, mellorando a experiencia de compra para os clientes e os espazos de traballo para os traballadores.

Coa apertura deste novo supermercado Froiz xerouse 20 postos de traballo, profesionais do sector alimentación, residente na contorna.
– Horario continuo de 9:00 a 21:30h.
– Servizo a domicilio
– Compra online
– Aparcadoiro para clientes
– Publicidade dinámica
– Ampla variedade en marcas líderes

#Froiz, calidade, servizo e atención. https://maps.app.goo.gl/XHFf8nUyfTdVP3eZ8

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas