Volve a ilusión do Nadal a Froiz. E faino cunha nova campaña publicitaria onde a presentadora de televisión Esther Estévez dá voz a varios clientes Froiz que comparten a súa ilusión polo sorteo. Porque un ano máis, en Froiz, sorteamos 1.000 cestas cheas de produtos típicos destas festas. Con esta promoción queremos agradecer aos nosos clientes a súa fidelidade e confianza ao elixirnos.
Nesta ocasión, gravouse unha peza audiovisual en dous idiomas (castelán e galego) e escolleuse a presentadora da Televisión de Galicia: Esther Estévez. Actualmente, Esther encárgase de conducir varios programas de televisión de máxima audiencia nesta cadea como son Digochoeu e Luar. Ademais, en redes sociais, Esther conta cun gran alcance, sobre todo, entre o público máis novo. A súa presenza nas redes Instagram e Tik Tok acumula preto de medio millón de seguidores. A súa frescura e naturalidade fixo que desde Froiz pensaramos nela para protagonizar o noso anuncio televisivo de Nadal, o cal é a súa primeira experiencia en publicidade.
A idea creativa deste anuncio do Sorteo de 1.000 cestas de Nadal inspirouse noutra peza que realizara a empresa en 1999. Aquel anuncio tiña lugar tamén nun supermercado Froiz e un reporteiro entrevistaba a varios premiados no tradicional sorteo de 1.000 cestas, os cales se mostraban moi felices e cheos de ilusión polo premio. Na versión de 2023, quíxose modernizar esa escenografía mostrando a imaxe das nosas novas tendas, á reporteira Esther Estévez, como condutora da narración audiovisual, e unha representación máis actual dos nosos clientes. O anuncio de televisión de Froiz deste ano 2023 conta cun ritmo dinámico e un relato máis ameno.
Con este anuncio, dende Froiz queremos felicitar as festas a todos os nosos clientes e compartir a ilusión do noso tradicional sorteo de 1.000 cestas de Nadal. Non te perdas esta promoción, porque unha das 1.000 cestas pode ser túa.
#EsNavidadEsFroiz #Froizsupermercados