Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz colabora cos Premios Galicia Skills 2023 de destrezas de Formación Profesional

A empresa Froiz colaborou cunha nova edición do Campionato de Formación Profesional Galiciaskills 2023 onde 200 estudantes de FP de 84 centros distintos da comunidade autónoma poñen en valor os seus coñecementos e destrezas en distintas profesións como cociña, salón de peiteado, atención dermofarmacéutica, recepción hostaleira, ebanistería, carpintería…

O obxectivo é impulsar o prestixio destes ensinos como unha opción de futuro para o mercado laboral. Denominadas ás veces como as olimpíadas da Formación Profesional, a súa fase autonómica acaba de poñer punto e final tras dous días de competición. Os gañadores pasan á fase nacional. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia premia desta forma aos mellores estudantes de FP. Trátase de probas eminentemente prácticas en 24 especialidades.

A empresa Froiz achegou todos os produtos que necesitaban os estudantes de cociña para a elaboración das súas receitas e tamén entregou os premios das dúas alumnas gañadoras desta especialidade.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas