Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Gala ASEDAS 2023, o sector homenaxea aos clientes pola súa confianza e fidelidade

ASEDAS, a Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados, organizou a súa gala anual dedicada, neste 2023, a todos os clientes dos supermercados de España. Baixo o título #EstamosPorqueEstás no evento -celebrado en Madrid- rendeuse homenaxe a todos os consumidores da distribución retallista e almacenista para agradecerlles a súa confianza aínda nos momentos difíciles que se viviron nos últimos anos, definidos por unha pandemia, por varios desastres climáticos e naturais e pola maior crise inflacionista en décadas.

Os clientes que confían en Froiz para realizar as súas compras diarias estiveron representados por María Eugenia, unha clienta que vive entre Madrid e a localidade pontevedresa de Nigrán. Ela é clienta habitual de dous supermercados Froiz destas localidades, un do ámbito urbano e outro semi rural e destino turístico.

Quince clientes de todas as empresas asociadas de ASEDAS recibiron o recoñecemento en representación de dez grupos de consumidores significativos: os que viven en zonas rurais, en áreas urbanas, representantes de familias, de maiores, de persoas con intolerancias alimentarias, quen utiliza a restauración colectiva, os que compran en liña, os que teñen capacidades diferentes, os turistas e os que están máis comprometidos co medioambiente.

Pensando en todos eles, empresas como Froiz traballamos cada día para ofrecer aos nosos clientes unha alimentación completa, variada, segura, de calidade e a prezos competitivos.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas