Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz, empresa colaboradora dos graos da Formación Profesional Dual

É o compromiso da empresa Froiz coa formación e o emprego de calidade dos profesionais da alimentación materialízase coa colaboración para o desenvolvemento da Formación Profesional Dual no grao de Comercialización de produtos alimentarios. Grazas a este grao formativo, os alumnos ademais de recibir clases teóricas poden realizar períodos de prácticas reais e remuneradas en distintos establecementos Froiz.

Aprenden como é o traballo diario nun supermercado e como é o oficio dos profesionais das seccións de frescos: carnicería, charcutería, peixaría, frutería, e panadería; ademais, de caixa e reposición. Fórmaselles en rastrexabilidade, cadea de frío, seguridade alimentaria, manipulación de alimentos, datas de caducidade e reposición, cortes e fileteados, xestión do punto de venda, servizo e atención ao cliente.

O obxectivo é que os alumnos aprendan e coñezan directamente o sector no que van traballar. As persoas participantes ao finalizar o período formativo obteñen o título oficial de Técnico en comercialización de produtos alimentarios, que lles habilita para desenvolver unha carreira profesional en calquera empresa do sector da alimentación.

Un dos principais activos da empresa Froiz é o capital humano formado na actualidade por algo máis de 6.400 profesionais da alimentación que traballan diariamente para ofrecer un bo servizo e atención. Máis do 80% do persoal conta con contrato fixo, fomentando o emprego estable e de calidade naquelas zonas onde contamos con centros de traballo Froiz.

Máis información aquí.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas