Volven os SUPER CARROS da compra! E volven MÁS súper carros que nunca! Porque en Froiz sorteamos 500 carros valorados en máis de 200 euros, cheos das túas marcas favoritas!
Unha promoción que xa é habitual en todos os nosos establecementos, supermercados e hipermercados Froiz, durante o mes de setembro, coincidindo coa «volta ao cole, ao fogar, á rutina… » e na que buscamos premiar aos clientes e axudarlles na súa cesta da compra. A participación volve ser a mesma. Por cada 15 euros de compra, o cliente obtén un código de participación.
Esta promoción estará en vigor en todos os supermercados e hipermercados Froiz de España, do 9 de setembro ao 7 de outubro e o sorteo realizarase #ante notario o 8 de outubro 2025. Haberá clientes gañadores en todos os centros Froiz que participan.
Ademais, os clientes poderán consultar se resultaron gañadores indicando o seu DNI nunha web deseñada especificamente para este proceso, que se activará inmediatamente despois do sorteo. Grazas a todas as marcas colaboradoras un ano máis por participar con esta promoción. E sorte a todos os nosos clientes!


