Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Sostenibilidade

Desde Froiz cremos no desenvolvemento sostible do negocio e na necesidade de reducir a pegada de carbono e o impacto ambiental.

Neste sentido, as medidas de sustentabilidade implementadas en todas as áreas do negocio da empresa están dirixidas principalmente á redución e o reaprovechamiento dos residuos que xeramos nos ámbitos de loxística, comercial, aprovisionamento, reposición e venda. A empresa mantén unha política activa de sensibilización e concienciación de todos os traballadores sobre a importancia da reciclaxe de residuos e a reutilización de materiais.

O obxectivo é a Tripla “R”: reducir, reutilizar e reciclar. E “repensar” ou analizar que procesos internos podemos mellorar.

Reciclado

A empresa Froiz reciclou no ano 2024 máis de 6.000 toneladas de residuos a través do seu sistema de xestión interno. En todos os establecementos e plataformas de España e Portugal recolléronse 6.609.402 quilos de residuos, que tiveron un retorno e reaprovechamiento na produción doutros materiais, impactando na sustentabilidade, a economía circular e a redución do desperdicio.

Desde sempre, a empresa entendeu o importante que é reciclar os residuos que se xeran no desenvolvemento da súa propia actividade. Con este obxectivo, é obrigatorio que todos os centros envíen ás súas respectivas plataformas os residuos xerados para o seu posterior prensado e envío a unha planta especializada en compostaxe e transformación. Reutilízanse os palés de madeira e plástico; e envíanse a reciclar cartón, plástico e caixas e bandexas de porexpan.

En 2024 en FROIZ reciclamos 6.609.402 quilos de residuos en España e Portugal

Caixas de poliestireno expandido

64.823 kg
Madeira

339.845 kg
Plásticos

530.354 kg
Cartón e papel

5.571.560 kg
Outros

102.821 kg

Plataforma “Residuo Zero”

As plataformas centrais de FROIZ en Lourido, Poio (Pontevedra) contan co selo ambiental “De Residuos a Recursos: Zero ao vertedoiro” outorgada pola empresa Saica Natur  e avalado pola certificadora multinacional alemá TÜV SÜD. Esta certificación acredita que case o 98% dos residuos xerados nos distintos establecementos Froiz  e devoltos mediante loxística inversa  son reciclados ou valorizados, evitando consecuentemente que  terminen no vertedoiro. 

Ademais, no seu compromiso pola economía circular, a empresa Froiz dálle unha segunda vida aos  residuos de papel e cartón xerados.  Así no ano 2024, os residuos de papel e cartón xestionados por Saica Natur  foron transformados no equivalente a máis de 15 millóns de caixas de cartón 100% reciclaxe e reciclable que poderán volver a reintroducirse.  Por outra parte, o polietileno de baixa densidade recuperado foi transformado en 1,063 millóns de m2 de filme reciclado para o desenvolvemento de novas aplicacións como son: o plástico filme retráctil para a paletización de produtos, o filme para plástico burbulla ou o filme estirable. 

Reutilización de palets

Na promoción dun modelo loxístico sostible, Froiz reutiliza palets de madeira de Chep España e LPR procedentes de madeira certificada.

Subscríbete as nosas novidades e ofertas