Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Sostenibilidade

Desde Froiz cremos no desenvolvemento sostible do negocio e na necesidade de reducir a pegada de carbono e o impacto ambiental.

Neste sentido, as medidas de sustentabilidade implementadas en todas as áreas do negocio da empresa están dirixidas principalmente á redución e o reaprovechamiento dos residuos que xeramos nos ámbitos de loxística, comercial, aprovisionamento, reposición e venda. A empresa mantén unha política activa de sensibilización e concienciación de todos os traballadores sobre a importancia da reciclaxe de residuos e a reutilización de materiais.

O obxectivo é a Tripla “R”: reducir, reutilizar e reciclar. E “repensar” ou analizar que procesos internos podemos mellorar.

Reciclado

A empresa Froiz reciclou no ano 2022 preto de 6.000 toneladas de residuos a través do seu sistema de xestión interno. En todos os establecementos e plataformas de España e Portugal recolléronse 5.772.254 quilos de residuos, que tiveron un retorno e reaprovechamiento na produción doutros materiais, impactando na sustentabilidade, a economía circular e a redución do desperdicio.

Desde sempre, a empresa entendeu o importante que é reciclar os residuos que se xeran no desenvolvemento da súa propia actividade. Con este obxectivo, é obrigatorio que todos os centros envíen ás súas respectivas plataformas os residuos xerados para o seu posterior prensado e envío a unha planta especializada en compostaxe e transformación. Reutilízanse os palés de madeira e plástico; e envíanse a reciclar cartón, plástico e caixas e bandexas de porexpan.

En 2022 en FROIZ reciclamos preto de 6.000 toneladas de residuos

Caixas de poliestireno expandido
68.600 kg
Caixas de madeira e plástico
448.706 kg
Plásticos
346.615 kg
Cartón
4.909.603 kg

Plataforma “Residuo Zero”

A empresa FROIZ avanza no seu compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade, e obtivo o selo ambiental “De Residuos a Recursos: Zero ao Vertedoiro” outorgada pola empresa Saica Natur , avalado pola cerficadora multinacional alemá TÜV SÜD.

Esta certificación reafirma o compromiso, unha vez máis, da empresa Froiz co medioambiente e a sustentabilidade e acredita que o 97,36% dos residuos xerados en tendas e devoltos mediante loxística inversa aos centros loxísticos de Lourido, Poio, (Pontevedra), son reciclados ou valorizados, ​evitando consecuentemente que eses​ residuos termine​n ​no vertedoiro.

Reciclado
Benestar animal e pesca sostible
Desperdicio alimentario
Envases sostibles
Instalacións eco-eficientes
Loxística

Subscríbete as nosas novidades e ofertas