Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Semana contra o desperdicio alimentario de AECOC. As medidas de Froiz

:Na Semana contra o desperdicio alimentario de AECOC (do 23 ao 29 de setembro) contámosvos o que facemos na nosa empresa, Froiz, para reducir o desperdicio diario de alimentos en todas as nosas tendas. Tomade nota:

✔️Son toneladas os alimentos frescos e non perecedoiros que pasan diariamente polos nosos establecementos. Unha xestión responsable e economicamente sostible é necesaria garantindo en todos os procesos a calidade e seguridade alimentaria. Nesta fase a loxística, o control de stocks, o axuste dos pedidos á demanda, un correcto aprovisionamento e rastrexabilidade serán fundamentais.

✔️Xa en tenda, unha das accións implantadas para evitar e reducir o desperdicio é a promoción de produtos próximos a caducar e aínda aptos para o consumo. Estes alimentos promociónanse ao final do día cun 50% de desconto. Esta medida ten un dobre beneficio. Para o cliente, que pode adquirir produtos con total garantía de calidade, frescura e sabor a un prezo inferior. E para a empresa, porque evita a perda de produtos que ao día seguinte se converterían en residuo.

✔️Ademais, en Froiz os produtos frescos véndense á granel, por tanto, os clientes poden adaptar a súa lista da compra ás súas necesidades reais, comprando 1 limón, 1 toro de pescada ou simplemente 2 liscos de xamón. Somos establecementos de proximidade, polo que o cliente non ten necesidade de acumular alimentos no fogar (lugar onde se produce o maior desperdicio alimentario) e pode visitar o supermercado tantas veces como o necesite.

✔️Tamén está a doazón de excedentes aptos para o consumo a entidades sociais do Terceiro Sector en todas aquelas zonas xeográficas onde estamos presentes. E a transformación doutros excedentes non aptos destinados a alimentación animal, compost etc…

✔️Hai que ter en conta que no sector da distribución, #de acordo con o último informe de ASEDAS sobre indicadores de sustentabilidade, o 99.4% dos alimentos véndense, doan ou revalorizan. Por tanto, o índice do desperdicio alimentario no noso sector representa só o 0.6%. Consolidando á distribución alimentaria como o elo que menos desperdicia.

#SemanaContraelDesperdicioAlimentario #DesperdicioAlimentario

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas