O supermercado Froiz da rúa José Regojo, na localidade pontevedresa de Redondela, reabre hoxe as súas portas despois de que se realizasen obras de mellora. Con esta reforma, a empresa quixo modernizar as instalacións para crear un centro máis cómodo e moderno para traballadores e clientes; ofrecendo a calidade de sempre aos mellores prezos.
A oferta comercial combina produtos frescos, marcas líderes e produto Froiz nas categorías de alimentación xeral, adega, droguería e amplas zonas dedicadas a refrixerados e conxelados.
Conta con obradoiro de pan, servizo a domicilio e o seu horario é continuo de luns a sábado.
Horario continuo de 9:00 a 21:30h.
Servizo a domicilio
Ampla variedade en marcas líderes
Calidade, servizo e atención.





