Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Reforma integral do supermercado Froiz c/Río Mao, Ourense

O supermercado Froiz situado en rúa Río Mao, na cidade de Ourense, reformouse na súa totalidade e agora conta cunha maior variedade de productos nos seus 1.400 metros cadrados de superficie comercial. Este supermercado ofrece unhas instalacións cómodas e modernas, tanto para traballadores como clientes, e, por suposto, maior variedade en produtos frescos, marcas líderes e produto Froiz.

Conta con todas as seccións de frescos de venda asistida tradicional: carnicería, charcutería, peixaría, frutería e panadería, ademais das seccións dedicadas a alimentación xeral, adega, droguería, refrixerados e conxelados. Dispón de publicidade dinámica a través de pantallas Led, servizo a domicilio e compra en liña.
O seu horario é continuo de luns a sábado. Tamén dispón de aparcamento gratuíto para clientes e cargadores para coches eléctricos.

✅ Horario continuo
✅ Servizo a domicilio
✅ Aparcadoiro para clientes e cargadores coches eléctricos
✅ Amplia variedade de marcas líderes, frescos e marca Froiz

#Froiz, calidade, servizo e atención.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas