Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Presentación da tempada XXXVII do equipo ciclista Súper Froiz

O Grupo Deportivo Súper Froiz presentou a nova tempada deportiva dos seus dous equipos, o de estrada e o de ciclocrós, de ciclismo amateur formados por mozos corredores: mozos e mozas amantes deste deporte. O equipo de ciclocrós que xa leva 5 tempadas deportivas en activo, segue dirixido por Ana Portela e conta con 5 corredores: 2 mozas e 3 mozos. A escuadra de estrada está formada por 17 deportistas (9 incorporacións e 8 renovacións) cuxa idade media é de 20 anos. O corpo técnico está capitaneado, un ano máis, por Evaristo Portela.

Como en anos anteriores, o equipo disputará esta tempada probas xa clásicas -nas categorías elite e sub 23- como son a Copa de España e a tradicionais Volta a Toledo, Zamora, Galicia, o Memorial Valenciaga e as voltas a Castelló e volta a España sub-23.

O equipo ciclista Súper Froiz cumpre este ano 37 anos de andaina deportiva ininterrompida, o que o converte no equipo español de ciclismo amateur máis lonxevo da súa categoría. O acto tivo lugar no Mosteiro de San Xoán de Poio e contou coa presenza dos representantes políticos de distintas institucións que apoiaron un ano máis ao equipo, das marcas patrocinadoras, colaboradores e amigos do mundo do ciclismo.

Pedro “Perico” Delgado, ex-ciclista profesional, gañador do Tour de Francia 1988 e comentarista deportivo, foi o padriño da escuadra esta tempada. Tamén estivo presente Javier Guillén, director xeral da Volta ciclista a España.

Moita sorte equipo!

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas