E un ano máis a empresa Froiz organizou o clásico sorteo de 1.000 Cestas de Nadal. Con esta promoción, queremos agradecer a todos os nosos clientes a fidelidade e confianza que teñen coa nosa empresa, ao elixirnos para as súas compras, ao longo de todo o ano. Sorteáronse un total de 1.000 cestas con produtos do Nadal, repartidas entre todos os establecementos Froiz (supermercados e hipermercados) de España.
Esta promoción desenvolveuse do 18 de novembro ao 18 de decembro de 2024 e o sorteo tivo lugar ante notario. Unha vez realizado o sorteo, habilitouse na web Froiz unha ligazón onde o cliente podía consultar se resultou gañador inscribindo o seu DNI.
Un ano máis, queremos dar as grazas a todos os nosos clientes por participar e confiar en #Froiz.
Noraboa a tod@s os premiad@s!