O 8 de xuño coa celebración do #DíaMundialdelosOcéanos! 🌊 poñemos en valor as accións que realizamos diariamente para tentar preservar a sustentabilidade o medio e as boas prácticas en pesca extractiva e acuicultura. Dentro deste compromiso, garantimos:
✅ A rastrexabilidade do produto desde a captura ata a súa venda.
✅ Unha etiquetaxe completa cumprindo coa lexislación vixente, achegando información clara e veraz.
✅ Garantimos o cumprimento legal en relación a tallas mínimas, paros
biolóxicos e vedas.
✅ Apoiamos a pesca de proximidade coa compra de peixe e marisco a confrarías de pescadores locais. Só vendemos peixe e marisco fresco procedente das principais lonxas galegas.
✅ Apoiamos a mellora continua en canto a métodos e artes de pesca.
Ademais, fomentamos o consumo de produtos de acuicultura sostible través da comercialización de peixes co selo Crianza Mares e Ríos de España: douradas, robalizas, e corvinas. Un selo que só poden levar os peixes criados por empresas españolas nas augas de mar aberto das nosas costas e que garante a calidade durante todo o proceso produtivo, que vai desde o nacemento dos peixes ata a súa chegada aos puntos de venda.