Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Participamos en Edugal, o salón da Educación e FP de Galicia

No transcurso do Salón da educación de Galicia, Edugal -que busca mostrar a las novas xeracións a oferta académica existente na comunidade tanto a nivel universitario, formación profesional e Forzas Armadas- creáronse distintas mesas de traballo para que o alumnado coñeza as necesidades que temos as empresas e o vínculo entre formación e empregabilidade.

Froiz participou con outras empresas do sector alimentación na mesa titulada: Gran distribución e alimentación. Nela, a nosa compañeira do departamento de Recursos Humanos, Majoric Sánchez, encargada do programa de formación interna explicou que o gran reto ao que nos enfrontamos as empresas de retail son a necesidade de cubrir perfís tan específicos como son os profesionais de frescos: carnicería, charcutería e peixaría, e de facer atractivos estes oficios ás novas xeracións. Para iso é moi importante a identificación e retención do talento nos equipos, a promoción interna, o equilibrio entre xornadas laborais e horarios de apertura dos centros e o desenvolvemento de plans de carreira.

A empresa Froiz participa e apoia desde hai varios anos os ciclos formativos de FP Dual do grao de Comercialización de produtos alimentarios de Galicia. Grazas a este grao, os alumnos alén de recibir clases teóricas poden realizar períodos de prácticas reais e remuneradas en distintos supermercados. O compromiso da empresa con este programa fixo que fósemos recoñecidos #pola Xunta de Galicia como entidade colaboradora de FP.


Ademais, Froiz mantén unha estreita cooperación con administracións locais e entidades sociais para favorecer a empregabilidade de colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral. Ao longo de 2025, desenvolvéronse prácticas non laborais en colaboración con concellos e entidades sociais como Cruz Roja, Cáritas… En total, xestionáronse 36.075 horas de prácticas non laborais, cunha media de 154,16 horas por participante. Estas accións tiveron un impacto especialmente positivo en termos de inserción: o 44,70% das persoas participantes accederon a un contrato de traballo.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas