Un ano máis, desde Froiz colaboramos coa tradicional cita do running galego non profesional: a Vig-Bay, o media maratón e 10k (que vai de Vigo a Baiona) con máis corredores de Galicia e que este ano conmemorou o seu 25 aniversario e reuniu a máis de 8.300 participantes.
Alén de seguir apoiando esta cita tan especial, este ano e por 1ª vez, contamos coa participación dun equipo de traballadores e traballadoras Froiz, que se sumou á proba compartindo deporte, esforzo e compañeirismo.
E cun gran resultado! Podio feminino na 10K, con 2º e 3º posto.
Parabéns á organización por estes 25 anos, a todas as persoas participantes e ao Equipo Froiz Vémonos na próxima edición!





