O corredor portugués do Grupo deportivo Súper Froiz, Lucas Lopes, foi un dos elixidos pola selección portuguesa de ciclismo para participar no Tour de l’Avenir en Francia. Esta proba deportiva está considerada como unha especie de mini circuíto de Francia para os ciclistas sub23, a carreira máis importante e de maior impacto para a devandita categoría a nivel mundial.
A boa campaña do ciclista portugués no Super Froiz fixo que sexa o ciclista luso referente para representar ao seu país en tan importante carreira. Para a preparación do circuíto, Lucas estivo concentrado en Sierra Nevada durante 25 días para aproveitar ao máximo os beneficios de durmir e adestrar en altitude.
Este mesmo corredor portugués proclamouse subcampión sub-23 dos campionatos nacionais de Portugal de ciclismo en ruta o pasado mes de xuño.