Desde hoxe contamos cun novo supermercado Froiz na cidade de Madrid, situado na céntrica rúa de Martín dos Heros. Con esta nova apertura, a empresa creou 24 novos postos de traballo e ofrece a todos os clientes servizo, atención e calidade con bos prezos en marcas líderes, frescos e marca Froiz.
A empresa distínguese por ser especialista en produtos frescos de calidade e preparados de maneira tradicional. De feito, neste novo supermercado ofrece as seccións de carnicería, frutería e peixaría asistidas con venda de produtos a granel, e os espazos dedicados a charcutería, panadería, adega, droguería, refrixerados e conxelados. Destacan o peixe e marisco fresco das principais lonxas galegas e os seus elaborados de carnicería: hamburguesas, albóndegas, e espetadas que preparan diariamente os profesionais Froiz con produtos de primeira calidade. A carne de vacún é 100% Tenreira Galega, e a carne fresca de porco, pito, ave e coello está certificada con Benestar Animal.
Inclúe publicidade dinámica a través de pantallas Led, servizo a domicilio, e compra en liña con entregas no mesmo día. A empresa conta tamén con establecementos Froiz nas localidades madrileñas de Colado-Villalba, Moralzarzal, Alcobendas, Móstoles, Fuenlabrada, Xetafe, Pinto, Valdemoro, Leganés e Torrejón de la Calzada.
Horario continuo
Servizo a domicilio e compra en liña
Ampla variedade en marcas líderes, frescos e marca Froiz
#Froiz, calidade, servizo e atención.








