Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
982f6f73-f91f-423f-9a11-f28a3ba55ac3

Novo establecemento Cash Froiz en Santiago de Compostela

Hoxe inaugúrase un novo establecemento Cash Froiz no polígono comercial de Costa Vella, en Santiago de Compostela. Está especializado en venda por xunto do canle HORECA (profesionais da alimentación e hostalería).

A nova nave conta con 1.259 metros cadrados de superficie comercial e un espazo tanto interior como exterior de aparcamento para clientes, que inclúe unha zona con cargadores eléctricos. As súas instalacións son cómodas e con variedade en frescos: frutería e carnicería asistidas, e ampla variedade en adega e produtos refrixerados e conxelados; ademais de marcas líderes e marca Froiz. Funciona de luns a venres en horario continuo e os sábados en horario de mañá. Ofrece servizo de envío de pedidos e conta cunha rede comercial formada por axentes especializados.

A empresa Froiz con este novo centro Cash Froiz ampla a súa rede comercial, formada por 11 establecementos almacenistas en España e un en Portugal.

✅ Amplio horario comercial

✅ Servizo de envío pedidos

✅ Cargadores eléctricos

✅ Ampla variedade en marcas líderes

#Froiz, calidade, servizo e atención.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas