Acábase de inaugurar unha nova tenda franquiada MercaMas na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal. Trátase dunha tenda de alimentación de 300 metros cadrados que conta cunha ampla variedade en marcas líderes, marca Froiz e seccións de frescos. A charcutería e froitería son de venda asistida, e en formato libre servizo a carnicería e panadería; ademais, de conxelados, refrixerados, adega e droguería.
Este establecemento MercaMas permite ao cliente facer unha compra completa de produtos de alimentación coa calidade de sempre de Froiz e bos prezos. Conta con aparcadoiro para clientes e horario continuo.
A empresa Froiz conta cunha rede franquiada formada por 81 tendas que operan coas insignias MercaMas e MercaExpress, estas últimas situadas principalmente en estacións de servizo (gasolineiras).





