Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Nova campaña audiovisual da empresa Froiz para RTVG

A empresa Froiz activa unha nova campaña audiovisual dirixida principalmente ao medio televisión e volve contar coa presentadora galega Esther Estévez que xa protagonizara a campaña publicitaria do nadal 2023. O novo anuncio é unha peza audiovisual en dous idiomas (castelán e galego) e emítese a diario na cadea autonómica RTVG. Nesta ocasión Esther comenta os valores diferenciais que ten a marca Froiz como son a calidade, os bos prezos, o servizo e a atención; e por suposto, unha ampla variedade en produtos frescos, marcas líderes e produto Froiz. Conta ao espectador con frescura e naturalidade todos estes atributos mentres realiza a compra nun establecemento Froiz, en concreto, na sección de frutería.

Volveuse a confiar en Esther xa que conta cun gran alcance en redes sociais, sobre todo, entre o público máis novo. A súa presenza nas redes Instagram e Tik Tok acumula preto de medio millón de seguidores. Actualmente encárgase de conducir varios programas de televisión de máxima audiencia na cadea RTVG como son Digochoeu e Luar.

A idea creativa deste anuncio é salientar os valores diferenciais que ofrecemos como empresa de alimentación e significar o punto de venda, o supermercado, como epicentro da nosa actividade diaria.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas