A empresa colaborou un ano máis coa entidade ASPACE Galicia: Federación Galega de Parálise Cerebral na realización dunha nova edición da actividade «Cociñamos Xuntos» coa que se pretende favorecer a realización de actividades de lecer entre as persoas con parálise cerebral e a súa contorna; ademais de fomentar a creatividade, responsabilidade e autonomía a través dunha actividade en familia.
O concurso consta de catro semifinais e unha gran final, repartidas nas localizacións onde se atopan as asociacións de Federación ASPACE-Galicia (A Coruña, Pontevedra, Vigo e Lugo). Este certame realízase todos os anos e forma parte do plan de actividades da entidade. Os participantes deben elaborar un prato xunto cos seus familiares e para iso contan co apoio de varios cociñeiros do Grupo Nove.
Desde os nosos inicios, en Froiz temos presente a necesidade de colaborar coa sociedade, por iso é polo que participemos en máis de 1.900 accións ao ano nos ámbitos do deporte, a solidariedade, a educación, a divulgación e a cultura.





