Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz renova o selo ambiental “Residuo Zero” das súas plataformas loxísticas principais de Lourido (Poio), Pontevedra

Froiz renovou o selo ‘De Residuos a Recursos: Zero ao Vertedoiro’, de Saica Natur, división do Grupo Saica especializada en xestión de residuos e servizos ambientais, que á súa vez é verificado pola entidade de certificación internacional TÜV SÜD. Durante o ano 2023, a empresa conseguiu valorizar case o 98% (97,89%) dos residuos xerados. O selo acredita que esa porcentaxe de residuos foi destinado á reutilización e reciclaxe evitando o seu depósito ao vertedoiro, converténdose nunha das plataformas máis sostibles.

O éxito deste proxecto fundaméntase na estreita colaboración entre ambas as compañías para buscar solucións baseadas na reciclaxe e o aproveitamento dos residuos xerados.

Durante 2023, no conxunto total da empresa (España e Portugal) recicláronse 6.318.664 quilos de residuos de distintas tipoloxías, dos cales Saica Natur recuperou 3.101.260 de residuos, que foron xestionados baseándose en dous principios: a segregación en orixe e a procura de alternativas ao vertedoiro. Ambos os enfoques son a clave do proxecto do selo “Residuo Zero” que deu lugar a distintos modelos de circularidade posibilitando o aproveitamento dos residuos como materias primas secundarias.

  • Os residuos de papel e cartón xestionados por Saica Naturhan foron transformados no equivalente a máis de 18 millóns de caixas de cartón 100% reciclado e reciclable que poderán volver a reintroducirse .
  • Por otra parte, el polietileno de baja densidad recuperado ha sido transformado en 1,1 millones de m2 de film reciclado para el desarrollo de nuevas aplicaciones como son: el plástico film retráctil para la paletización de productos, el film para plástico burbuja o el film estirable.
  • Dentro desta circularidade, tamén se contempla o futuro proxecto de fabricación de bolsas corporativas con material procedente das toneladas de plástico reciclado pola propia empresa. Actualmente estas bolsas están fabricadas con máis dun 80% de material reciclado anónimo.

Para Froiz, a renovación deste recoñecemento en alianza con Saica Natur enmárcase no pleno compromiso coa sustentabilidade, o medio ambiente e a redución do impacto derivado de nosa propia actividade.

Outras medidas de sustentabilidade implementadas xa na empresa e encamiñadas á diminución da emisións de CO2 e redución dos residuos que xeramos nos ámbitos da loxística, rede comercial, aprovisionamento, reposición e vendas, son:

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas