Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
vig bay patrocinadores I

Froiz, recoñecida polo seu apoio ao deporte e ao media maratón Vig-bay

A organización do media maratón Vig-Bay (Vigo-Baiona) recoñeceu o labor da empresa Froiz polo seu apoio ao deporte e á carreira nestes 25 anos de actividade. Esta popular cita deportiva converteuse nun referente en Galicia para os amantes do “running” non profesional, que ano tras ano, acoden ao circuíto para correr as dúas probas: 21K ó 10K.

É considerada unha dos medias maratóns máis importantes e multitudinarias destacando polo seu percorrido pegado á costa e o seu ambiente festivo. Conecta as localidades de Vigo, Nigrán e Baiona e recibe uns 7.000 corredores.

No trascurso dunha gala celebraron o seu 25 aniversario acompañados de membros da organización, forzas de seguridade, empresas colaboradoras, administracións e, por suposto, centos de corredores que participaron en diferentes edicións.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas