Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz inaugura un novo supermercado na localidade de Cerdedo, Pontevedra

O novo supermercado Froiz da localidade pontevedresa de Cerdedo, abriu as súas portas na Rúa de Ourense, 59. O establecemento, que conta con 650 metros cadrados de superficie comercial distribuídos en dúas plantas, foi deseñado para ofrecer unha contorna eficiente, moderno e cómodo, tanto para os clientes como para o equipo de profesionais que o atende.

O centro incorpora seccións de venda asistida tradicional en carnicería, froitaría e panadaría, así como zonas de libre servizo para charcutaría e peixaría. Ademais, dispón dunha ampla variedade de produtos en alimentación xeral, adega, droguería, panadaría, refrixerados, conxelados e artigos do fogar, como enxoval e pequeno electrodoméstico. Os clientes poden atopar produtos frescos de calidade, marcas líderes do mercado e produto Froiz.

Como parte do seu compromiso coa sostibilidade e a eficiencia enerxética, o novo supermercado foi equipado con sistemas de iluminación, climatización e acondicionamento que permiten reducir o consumo respecto a unha tenda convencional. Isto mellora tanto a experiencia de compra como os espazos de traballo para os traballadores.

O centro ofrece tamén servizo a domicilio e a posibilidade de realizar compras en liña. Con esta apertura, Froiz contribúe ao desenvolvemento económico da zona, xerando emprego local coa incorporación dun persoal composto por oito profesionais do sector da alimentación.

O horario de apertura é de luns a sábado, de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h.

✅ Servizo a domicilio
✅ Compra en liña
✅ Ampla variedade en marcas líderes, frescos e marca Froiz

#Froiz, calidade, servizo e atención.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas