A empresa Froiz posiciónase no top 15 das empresas de supermercados a nivel nacional por satisfacción dos seus clientes, segundo o último informe da OCU. O estudo indica que as empresas de supermercados que sacaron entre 75 e 84 puntos son as que mostran unha satisfacción máis alta para os seus clientes; e é aí nese tramo de puntuación onde nos situamos.
Os 7.600 socios da OCU que participaron no estudo deste ano, sinalan á nosa empresa como unha das cadeas rexionais máis sobresalientes a nivel de satisfacción de clientes, resaltando a súa oferta comercial en variables como:
- Comodidad
- Variedade de productos emarcas
- Atención
- Bos prezos
- A calidade dos frescos
- Os tempos de espera en caixa
- E o envío da compra
Ademais, o estudo destaca a Froiz a nivel nacional pola sección de carnicería onde o cliente valora a calidade de todos os produtos cárnicos. Más de tres décadas de relación unen á IGP Tenreira Galega e Froiz nunha aposta decidida pola carne de vacún de calidade diferenciada e con orixe garantida, o que supón tamén un compromiso coas máis de 8.400 ganderías rexistradas no selo e a súa contribución á sustentabilidade da contorna natural e a súa relevancia para o futuro socioeconómico do rural galego.
Todas as carnicerías da empresa son de venda asistida tradicional onde os profesionais Froiz preparan e filetean o produto, ademais de realizar a gama de elaborados caseiros. Toda a carne de pito, ave, coello e porco que comercializamos nesta sección está certificada co selo de Benestar Animal.
Somos especialistas en produto fresco, de calidade e proximidade. Preto do 40% do total de compras anuais procede de máis de 650 provedores locais.
A nosa proposta de valor baséase en xerar valor para os clientes e riqueza na contorna. O noso compromiso coa calidade dos produtos, establecementos, servizo e atención ao cliente, e, por suposto, cos profesionais e provedores Froiz, creando relacións de confianza e emprego de calidade.

