Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz e Chocolates Trapa levan a cabo a reforestación dun monte queimado na localidade pontevedresa de Gondomar

De forma conxunta as dúas empresas, Froiz e Trapa, plantaron 2.000 árbores de especies autóctonas como carballo e castiñeiro nunha zona desprovista de arboleda que fora queimada no ano 2017. O monte pertencente á localidade pontevedresa de Gondomar, está preto do termo municipal de Nigrán. Para levar a cabo este proxecto de reforestación contouse coa colaboración de distintos alumnos do Centro Juan María de Gondomar, dedicado ao apoio de persoas con discapacidade intelectual, varios técnicos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e dos concellos de Gondomar e Nigrán, axentes ambientais e unha empresa especializada en reforestación.

Este proxecto de compensación da pegada de carbono consiste en neutralizar a cantidade de emisións que emiten de CO2 investindo economicamente nun proxecto ambiental sostible. As 2.000 árbores plantados (1.400 castiñeiros e 600 carballos) supoñen 389 toneladas de CO2 absorbidas nun período de 30 anos.

A empresa Froiz cre no desenvolvemento sostible do negocio e na necesidade de reducir a pegada de carbono e o impacto ambiental. Neste sentido, as medidas de sustentabilidade implementadas en todas as áreas do negocio da empresa están dirixidas principalmente á redución e o aproveitamento dos residuos que xeramos nos ámbitos de loxística, comercial, aprovisionamento, reposición e venda.

O proxecto de Chocolates Trapa ‘Plantando futuro contigo’ ten como obxectivo loitar contra a desertización en distintas zonas do país e impulsar as zonas verdes nos núcleos urbanos e conservar a biodiversidade. Trátase dunha iniciativa impulsada en colaboración coa organización sen ánimo de lucro (R)Forest Project que promove a conservación da contorna natural a través da plantación de árbores naqueles puntos da xeografía española arrasados pola desertificación. Desde os seus inicios en 2021, ‘Plantando futuro contigo’ tivo unha gran acollida e uns excelentes resultados: a peche de ano, alcanzaranse as 18.000 árbores plantados por todo o país grazas a este proxecto. Ata o de agora, a iniciativa recalou en Madrid, Valencia (Alcira), Andalucía (Dos Hermanas, Sevilla), Castela e León (Peñafiel, Valladolid, e Villamuriel de Cerrato, Palencia), Cantabria (Suances), as Illas Canarias (Arafo, en Santa Cruz de Tenerife, e Gáldar, en Gran Canaria), A Rioxa (Lardero) e, agora, en Galicia (Gondomar).

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas