Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
NOTICIA

Froiz colabora co Campionato de formación profesional Galicia Skills 2025

Este campionato desenvólvese cada dous anos e reúne a estudantes de toda a comunidade autónoma galega que se forman en Formación Profesional. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia premia desta forma aos mellores estudantes da súa especialidade.

Na edición 2025 participaron 240 alumnos de 76 centros educativos que durante 3 días puxeron en valor os seus coñecementos e destrezas en distintas profesións como cociña, salón de peiteado, mecánica, ebanistería, carpintería… Froiz apoiou, un ano máis, as probas de cociña achegando todos os produtos que necesitaban os estudantes para a elaboración das súas receitas e tamén entregou os premios dos alumnos gañadores. Trátase de probas eminentemente prácticas en 24 especialidades.

O obxectivo é impulsar o prestixio destes ensinos como unha opción de futuro para o mercado laboral. Denominadas como as “Olimpíadas da Formación Profesional”, a súa fase autonómica acaba de poñer punto e final e os gañadores pasan á fase nacional.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas