Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz apoia a FPdual co ciclo de Comercialización de Produtos Alimentarios

A Volta ao cole… xa está aquí e en todos os ciclos formativos. Tamén na Fp Dual onde empresas como Froiz apoiamos o ciclo de Comercialización de Produtos Alimentarios. Grazas a este grao, os alumnos ademais de recibir clases teóricas poden realizar períodos de prácticas reais e remuneradas en distintos establecementos de alimentación, como é o caso dos nosos supermercados Froiz.

Diana, Alejandro e Alba, estudantes deste ciclo cóntannos como é o traballo diario nun supermercado Froiz e como é o oficio nas seccións de frescos: carnicería, charcutería, peixaría, frutería, e panadería; ademais, de caixa e reposición. Son os profesionais Froiz, titulares destas seccións, os que dedican parte dá súa xornada laboral a formar a lestes novos alumnos. Aprenden a parte teórica e práctica en contidos como rastrexabilidade, cadea de frío, seguridade alimentaria, manipulación de alimentos, datas de caducidade e reposición, cortes e fileteados, xestión do punto de venda, servizo e atención ao cliente. O obxectivo é que os alumnos aprendan e coñezan directamente o sector no que van traballar. Un novo ciclo formativo no mercado laboral que vén dar formación específica a estes futuros profesionais da alimentación.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas