Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Froiz, 30 anos de compromiso coa calidade da carne IGP Tenreira Galega

A empresa Froiz e a IGP (Indicación Xeográfica Protexida) Tenreira Galega manteñen o seu compromiso coa comercialización desta carne certificada e formalizan o convenio de colaboración entre ambas as entidades, que consolida máis de 30 anos de traballo conxunto e de aposta polo vacún galego de calidade. Un acordo co que o produto amparado por Tenreira Galega chega a 259 establecementos Froiz, situados en Galicia, Castela e León, Comunidad de Madrid, Castela A Mancha e o norte de Portugal. Así se reflectiu nun acto conxunto de ratificación do convenio, no que participaron Ana López do Olmo, directora de calidade de Froiz, e o presidente do Consello Regulador das IGP de Carne de Vacún de Galicia, Jesús González, (órgano que dirixe e xestiona a IGP Tenreira Galega e a IGP Vaca Galega-Boi Gallego).

Ademais, o Consello Regulador autoriza á empresa Froiz a utilizar a mención “elaborado con IGP Tenreira Galega” e a súa correspondente etiqueta para a correcta identificación e diferenciación dos produtos elaborados -con esta carne certificada- polos profesionais Froiz de carnicería. Estes elaborados son albóndegas, recheos ou hamburguesas, que se preparan diariamente en todos os centros Froiz con carne de primeira calidade e de maneira caseira.

Máis de tres décadas de relación unen a Tenreira Galega e a empresa Froiz nunha aposta decidida pola carne de calidade diferenciada e con orixe garantida, o que supón tamén un compromiso coas máis de 8.400 ganderías rexistradas na IGP, a súa contribución á sustentabilidade da contorna natural e a súa relevancia para o futuro socioeconómico do rural galego. Todas as carnicerías da empresa son de venda asistida tradicional onde os profesionais Froiz preparan e filetean o produto para a súa posterior elaboración por parte do cliente. Tamén informan e asesoran aos clientes sobre receitas, formas de preparación e conservación. A variedade de produtos frescos locais, de proximidade e producidos a nivel rexional, é desde sempre un dos compromisos da empresa Froiz. Para a gran maioría dos produtos frescos de tempada, selecciónanse provedores das zonas xeográficas onde estamos presentes, o que contribúe ao crecemento económico da súa contorna. Do total de compras que a empresa fai anualmente preto do 40% procede de mais de 650 provedores locais.

A IGP Tenreira Galega naceu en 1989 e conta, desde 1996, co selo europeo de Indicación Xeográfica Protexida, aval da calidade e da orixe da carne amparada. Produto que chega ao consumidores certificado e etiquetaxe tras superar un rigoroso sistema de control e rastrexabilidade que se inicia nas ganderías, continúa nas industrias e chega aos puntos de venda. Detrás desta Indicación Xeográfica Protexida hai máis de 8.200 gandeiros e gandeiras e 100 industrias rexistradas, que comercializaron no ano 2023 un total de 23.027 toneladas de carne, cun valor en primeira venda de 164 millóns de euros.

Tenreira Galega atópase en máis de 1.650 establecementos distribuídos por toda España (ademais de en Alemaña, Portugal, Andorra e Luxemburgo) e supón o 60% da carne de vacún que se vende con denominación de calidade a nivel estatal.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas