Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

En Froiz reutilizamos case o 80% dos pallets de madeira que movemos ao ano

Na promoción dun modelo loxístico sostible, en Froiz reutilizamos case o 80% (79,12%) dos pallets de madeira que movemos ao ano cunha rotación media anual de 5,6 veces. A través do denominado Sistema “Pool de Pallets” dás marcas: Chep, LRP, IPP e PLS favorécese unha maior eficiencia desta materia prima evitando así a fabricación novas producións, a súa posterior compra e desperdicio. Obtivemos varios certificados de sustentabilidade polo uso destes servizos de Pooling, tanto da empresa CHEP España como de LPR, que confirman que a empresa Froiz contribuíu no ano 2024 a:

  • Un aforro en madeira de 215.764 dm3, o que equivale a 208 árbores salvadas ao ano.
  • A redución de residuos en 20.919 quilos.
  • Ademais, mitigouse o impacto ambiental, xa que con esta reutilización de envases terciarios contribuímos ao aforro de 638 toneladas de CO2 en 2024 o que equivale a 14 voltas ao mundo en camión.
COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas