No seu compromiso pola sustentabilidade e a economía circular, a empresa Froiz dálle unha segunda vida aos residuos de papel e cartón xerados. Así no ano 2022, volveu a introducir no mercado 18.750.000 caixas novas que foron fabricadas co cartón reciclado pola empresa.
E das toneladas de polietileno de baixa densidade que se recuperaron, Froiz destinounas á fabricación de 1.200.000 metros cadrados de filme estirable reciclado (utilizado para a agrupación de palets). Un material máis sostible que o fabricado con polietileno virxe. Dentro desta circularidade, tamén se atopa o proxecto da fabricación das bolsas corporativas que están á venda na liña de caixa, que actualmente están fabricadas con máis dun 80% de material reciclado anónimo, e está previsto que en breve procedan das toneladas de plástico xerado por Froiz.
A empresa conseguiu reciclar no ano 2022 preto de 6.000 toneladas de residuos en 2022.
– Caixas poliestireno expandido: 68.600 quilos
– Plásticos: 448.706 quilos
– Papel e Cartón: 4.909.603 quilos
– Caixas de madeira e plástico: 346.615 quilos
Ademais, a empresa Froiz conseguiu o selo ambiental “De Residuos a Recursos: Zero ao vertedoiro” para os seus centros loxísticos de Lourido, Poio (Pontevedra) outorgado pola empresa Saica Group Natur e avalado pola certificadora multinacional alemá TÜV SÜD en España e Portugal.
Esta certificación reafirma o compromiso, unha vez máis, da empresa Froiz co medioambiente e a sustentabilidade e acredita que o 97,36% dos residuos xerados en tendas e devoltos mediante loxística inversa aos centros loxísticos de Lourido, Poio (Pontevedra), son reciclados e/o valorizados, evitando consecuentemente que eses residuos terminen no vertedoiro.