Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Día do Medio Ambiente, as accións da empresa Froiz en sustentabilidade

Hoxe, no Día do Medio Ambiente, poñemos en valor as medidas de sustentabilidade implementadas en todas as áreas do negocio da empresa: loxística, comercial, aprovisionamento, reposición e venda. O obxectivo é realizar un desenvolvemento máis sostible do negocio e reducir a pegada de carbono e o impacto ambiental da nosa actividade.

  • No ano 2023 reciclamos máis de 6.000 toneladas de residuos a través do noso sistema de xestión interno en España e Portugal.
  • As plataformas centrais de FROIZ en Lourido, Poio (Pontevedra) son sostibles. Renovaron o selo ambiental “De Residuos a Recursos: Zero a vertedoiro” o que significa que case o 98% dos residuos xerados son reciclados e/o valorizados.
  • Ademais, 2 de cada 3 pallets en Froiz reutilízanse, o que permite un maior aforro en madeira (talla de árbores).
  • Economía circular. Introducimos 18 millóns de caixas de cartón procedente dos residuos xerados e 1,1 millóns de m2 de filme reciclado.
  • Participamos nun proxecto de reforestación onde se plantaron nun monte queimado un total de 2.000 árbores (1.400 castiñeiros e 600 carballos) que supoñen 389 toneladas de CO2 absorbidas nun período de 30 anos.
  • Fomentamos a pesca sostible e o benestar animal.
  • Preto do 40% da enerxía eléctrica que consumimos procede de fontes renovables.
  • Investimos na eficiencia enerxética das nosas tendas e plataformas.
  • Medimos a pegada de carbono e fixamos obxectivos de redución.
  • Traballamos para incorporar maior porcentaxe de material reciclado nos envases dos produtos de marca Froiz.
  • Os nosos folletos, tickets de compra, caixas de cartón e bolsas de papel están certificados cos selos FSC e PEFC.
  • Renovamos a frota de camións e turismos por modelos máis eficientes energéticamente.
  • En distintos establecementos Froiz dispoñemos de puntos de recarga de vehículos eléctricos para o uso dos nosos clientes e utilizamos vehículos eléctricos para o envío de pedidos.

A empresa mantén unha política activa de sensibilización e concienciación de todos os traballadores sobre a importancia da reciclaxe de residuos e a reutilización de materiais. O obxectivo é a Tripla “R”: reducir, reutilizar e reciclar. E “repensar” ou analizar que procesos internos podemos mellorar.




COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas