O programa Froizdeporte busca fomentar os valores positivos do deporte e un estilo de vida saudable; de aí o apoio desde a empresa a aquelas iniciativas locais que se organizan en disciplinas tan variadas como fútbol, baloncesto, tenis, atletismo, pádel, natación, surf, carreiras populares, etc.
Neste contexto, un ano máis, a empresa Froiz colaborou co xa clásico «Campionato mundial de Colchóns» que organiza a Asociación Lúdica e Cultural Ou Cubreiro en colaboración co Concello de Sanxenxo nesta localidade da costa galega. No evento participaron bañistas, turistas e veciños, de todas as idades que converteron o evento nunha das grandes citas do verán galego.
Tamén carreiras populares por distintas localidades, a clásica Ponlle Freo de AtresMedia, campus infantís de fútbol, campionatos de fúbol praia, travesías a nado, campionatos de surf, padel surf…
O obxectivo: pasalo moi ben… No verán este tipo de actividades deportivas -destinadas ao público infantil, xuvenil e adulto- multiplícanse e aí está a empresa Froiz tentando dar o seu apoio ao lecer e deporte ao aire libre.







