Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Datos reciclado 2023

A empresa Froiz reciclou no ano 2023 máis de 6.000 toneladas de residuos a través do seu sistema de xestión interno. En todos os establecementos e plataformas de España e Portugal recolléronse 6.318.664 quilos de residuos, que tiveron un retorno e reaprovechamiento na produción doutros materiais, impactando na sustentabilidade, a economía circular e a redución do desperdicio. Reutilízanse os palés de madeira; e envíanse a reciclar cartón, plástico, caixas de madeira e bandexas de porexpan.

Datos 2023 de España e Portugal:
♻️Caixas poliestireno expandido: 77.271 quilos.
♻️Plásticos: 452.259 quilos
♻️ Cartón: 5.367.869 quilos
♻️Caixas de madeira e plástico: 421.265 quilos

As plataformas centrais de FROIZ en Lourido, Poio (Pontevedra) contan desde hai varios anos co selo ambiental “De Residuos a Recursos: Zero a entulleira” outorgada pola empresa Saica Natur e avalado pola certificadora multinacional alemá TÜV SÜD. Esta certificación acredita que case o 98% dos residuos xerados nos distintos establecementos Froiz e devoltos mediante loxística inversa son reciclados ou valorizados, evitando consecuentemente que terminen na entulleira.

Ademais, no seu compromiso pola economía circular, a empresa Froiz dálle unha segunda vida aos residuos de papel e cartón xerados. Así no ano 2023, volveu a introducir no mercado 18.818.243 caixas novas que foron fabricadas co cartón reciclado pola empresa. E das toneladas de polietileno de baixa densidade que se recuperaron en 2023, Froiz destinounas á fabricación de 1.135.163 metros cadrados de filme estirable reciclaxe (utilizado para a agrupación de palets).

Na promoción dun modelo loxístico sostible, Froiz reutiliza palets de madeira de Chep España e LPR procedentes de madeira certificada. Un de cada tres palets reutilízanse o que permite un maior aforro en madeira (talla de árbores), diminución da emisión de CO2 e redución dos residuos xerados. Reciclamos o 100% dos envases comerciais dun só uso.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas