Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Capital humano

Un dos principais activos da empresa é o capital humano formado na actualidade por 6.750 profesionais da alimentación que traballan diariamente para ofrecer un bo servizo e atención.

Un traballo conxunto e especializado de todo o equipo humano Froiz que require dunha boa xestión interna, planificación de tarefas, optimización de recursos, xestión de procesos e cultura empresarial de servizo e atención. Ademais, foméntase o desenvolvemento profesional, a estabilidade, a mellora continua, a conciliación e a igualdade.

Contamos cun sistema de promoción interna á hora de cubrir novas vacantes e o II Plan de Igualdade 2025-2028. Apostamos pola formación continua e especializada dos profesionais Froiz e contamos con condicións salariais e vantaxes sociais superiores ao convenio colectivo do sector da alimentación.

Cifras 2024

0

Profesionais

0 %

Contrato fixo

0 %

Promoción interna

0 anos

Idade media

Formación especializada

No ano 2023 investiuse na formación do persoal de España e Portugal un total de 32.068 horas, 4,88 horas por traballador. O obxectivo é fomentar o desenvolvemento de negocio cun equipo motivado e comprometido coa cultura empresarial Froiz e, por suposto, cunha clara vocación cara á calidade, o servizo e a atención ao cliente.

As accións formativas tiveron como temáticas: seguridade e saúde, prevención de riscos laborais, manipulación de alimentos, primeiros auxilios, xestión do punto de venda, cadea de frío positiva e negativa, servizo e atención ao cliente, perecedoiros e merchandising, entre outras materias sempre relacionadas co debido a que desempeña cada profesional. Combínase teoría con accións prácticas.

Formación FP Dual

Froiz colabora coa Formación Profesional Dual no grao de Comercialización de produtos alimenticios con períodos de prácticas reais en distintos centros. O obxectivo é que os alumnos aprendan e coñezan directamente o sector no que van traballar. As persoas participantes ao finalizar o período formativo obteñen o título oficial de Técnico en comercialización de produtos alimenticios.

Igualdade e Código Ético

NON DISCRIMINACIÓN

Rexemos todas as nosas actuacións en materia de relacións laborais baixo principios de igualdade e non discriminación. Non admitíndose discriminacións por razóns de sexo, estado civil, idade, raza, etnia ou nación, condición social, ideas relixiosas ou crenzas, ideas políticas ou orientación sexual.

PLAN DE IGUALDADE

Contamos cun II Plan de igualdade 2025-2028 que reafirma o compromiso da empresa coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a conciliación da vida laboral e familiar, así como a promoción, a formación e o dereito á igualdade de trato. Este plan contén 78 medidas en 11 áreas de actuación.

código ético

Co noso código ético pretendemos fomentar o comportamento ético e responsable da nosa actividade, con traballadores/as, clientes, subministradores, administracións públicas, colaboradores e coa sociedade en xeral. Estas normas son de obrigado coñecemento, aplicación e cumprimento para todos os profesionais Froiz.

Subscríbete as nosas novidades e ofertas